O alumnado de tres anos visitou unha froitería do Milladoiro.
... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
11 jun 2011
10 jun 2011
Teatro de monicreques
O día 6 de xuño os nenos e nenas de 5 anos fomos ata a casa da Cultura porque dende o Concello nos invitaron a ver unha obra con monicreques que se titulaba "Lume". Gustounos moito !!
9 jun 2011
Saída A Coruña
O día 7 de xuño, o alumnado de cinco anos, como excursión de final de curso realizou unha saía A Coruña.
Pasárono fenomenal e tiveron unha xornada moi enriquecedora de experiencias novas.
7 jun 2011
Os nenos e nenas de Ventín lennos contos
O Equipo de Biblioteca organizou unha actividade en colaboración co CEP de Ventín. Os nenos e nenas de 2º de EP que foron alumnos deste centro viñeron lernos contos, a pasar o día con nós e a recordar vellos tempos.
¡Que maiores están todos!
3 jun 2011
MACUF
Algunhas aulas de catro e cinco anos visitaron no Macuf ( Museo de Arte Contemporáneo) a exposición Frecuencias da comisaria Eulàlia Boch.
Esta exposición rende homenaxe aos elementos constitutivos da materia e á complexidade e beleza do tecido que son capaces de articular mesturando os seus espectros de cor.
2 jun 2011
"Algunhas árbores de Galicia"
Elaboramos unha exposión sobre algunhas árbores de Galicia, baseada na GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA (1997) de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar (Ilustracións), Baía Edicións.
Baia Edicións proporciona información en rede das 50 árbores máis comúns premendo aquí.
1 jun 2011
Semana da prensa
Open publication - Free publishing - More educación
A derradeira semana de maio dedicouse á prensa, proposta realizada polo Equipo de Biblioteca do centro.
Nas aulas traballamos con diferentes xornais e puidemos constatar as propiedades máis significativas deste tipo de texto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





