O día 16 fomos a Casa da Cultura para ver a compañía de títeres Babaluba que representaba a obra "Conto e cama", baseada na obra do escritor Gonzalo Moure. Estivemos convidados pola Concellería de Cultura do Concello.
Encantounos!!!
Un espectáculo baseado nas lembranzas de dous personaxes
inolvidables, NAI e a súa filla MALVA, que dialogan cos xestos e as
palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha
montaxe chea de poesía e sentimento.
En «Cama e Conto» trátase o paso do tempo como temática central desde unha visión optimista e pegada á realidade máis cotiá.
A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero
onde podemos recoñecernos como seres humanos complexos pero onde
sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores
inquebrantables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario