... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

21 feb 2014

Homenaxe a Rosalía de Castro




O acto central desenvolverase este domingo 23 de febreiro, dende as 19:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun evento no que haberá música e no que se lerán varios poemas da escritora homenaxeada. A través desta iniciativa preténdese dar a coñecer a vida e obra de Rosalía de Castro entre a veciñanza amiense.

O evento comezará coa actuación do grupo de pandereteiras As Maianas. De seguido, proxectarase un vídeo feito por tódolos alumnos e alumna da Escola infantil do Milladoiro no que recitan o poema Turra, turra Xan pola burra. Trala proxección deste vídeo comezarase coa lectura dos poemas da escritora galega. Na lectura de poemas colaboran os centros de ensino de Ames. Varios alumnos/as do CEP de Ventín, do CEIP Agro do Muíño, do CEIP de Barouta, do IES de Bertamiráns e do IES do Milladoiro lerán varios poemas de Rosalía de Castro.

Máis información, aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario