Neses días de lectura de poemas dedicados aos nenos e nenas, ao sol, ao ceo, a primavera, dános mágoa que non estean ao acceso de todo o mundo, por iso, ao modo do bookcrossing, decidimos liberar poemas.
Fixemos unha escolma dalgunha das nosas preferidas, imprimímolass e, pola outra cara da folla, explicamos a razón de ser da nosa iniciativa, pedíndolle a quen a atope a deixe noutro sitio ao alcance doutras persoas para que tamén poidan lelas.
Saímos á rúa e onde consideramos deixamos un poema. Quen a atope pode lela e deixala noutro sitio, así como mandarnos unha fotografía para que nós saibamos dos movementos de cada unha delas.
O propio Día da Poesía, cada neno e nena levou un destes folletos e, coa axuda das súas familias liberaron poemas por todo a localidade: nas tendas, nos portais, nos parques, no mercado, nas instalacións deportivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario