... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

16 may 2014

"Brinca Vai!": Meu o mundo é!




"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

"En galego falo, en galego sinto,en galego canto, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!En galego leo, en galego escribo,en galego bailo, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!"[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

No hay comentarios:

Publicar un comentario