Foi moi emotivo porque a meirande parte dos mozos e mozas que viñeron foran alumnos deste centro, porén, velos agora, seis anos despois convertidos en rapaces e rapazas comprometidos coa lingua e cos máis pequenos, encheunos de satisfacción.
Eles mesmos seleccionaron os contos, moitos deles reinterpretados á luz dos valores da sociedade actual, prepararon unha presentación ppt para acompañar con imaxes o seu relato e mesmo trouxeron xoguetes ou monicreques relacionados coa historia que contaban.
Nunha chiscadela ao traballo do noso alumnado, tomaron fotografías das nosas laxas de Rosalía de Castro.
Compartimos con eles unhas chocolatinas e agasallámolos cuns diplomas nos que se recoñecía o seu bo facer como contadores/as de contos asinado por todo o alumnado de cada unidade.
Para rematar, deuselle un pequeno petisco de zume e galletas para que recuperaran forzas antes de voltar para as súas aulas.
Por moitas colaboracións máis.
Agracecidos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario