Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega a Luísa Villalta.
Naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.
Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.
Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos.
Luisa Villalta, a poeta que describía a cidade con tinta de mar. Con esa premisa, desde a nosa escola quixemos homenaxeala cunha exposición no corredor "TINTA DE MAR" cada aula escolleu a silueta dunha especie mariña feita en madeira e adobiámola cunha técnica artística diferente.
Por mor da choiva tivemos que aplazar a nosa Romaría das Letras, pero nos vindeiros días se o tempo o permite propoñeremos unha nova data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario