Despois de asinar os compromisos lingüísticos en todas as aulas, demos comezo á primeira semana do modo galego, afrontando os retos diarios.
Ao longo desta semana o alumnado participou activamente nas distintas propostas que nos axudaron a valorar o galego como parte da nosa vida. Mirade que comprometidas están as aulas, mesmo as de 3 anos, participaron con ilusión nos retos semanais e demostraron que o galego é un tesouro que se coida desde ben pequeniños e pequeniñas.
Seguimos avanzando, reto a reto, co galego
activado.
AULA 3 ANOS C
No hay comentarios:
Publicar un comentario