Onte veu publicada a proposta do goberno de Ames de eliminar o seu servizo de normalización lingüística, a programación da animación á lectura das bibliotecas municipais entre outros servizos, podédela ler aquí.
Consideramos é unha unha decisión extremadamente grave e irresponsable.
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames vén desenvolvendo desde hai anos un labor fundamental no municipio, coa organización de importantes accións que van desde a acollida lingüística e integración da poboación inmigrante ata o desenvolvemento de campañas de fomento do galego no comercio ou a hostalaría, a organización de cursos de lingua para o conxunto da poboación ou o desenvolvemento de múltiples actividades dirixidas á poboación escolar, como obradoiros, concurso, etc., ademais de traballar pola calidade lingüística e comunicativa da institución. En definitiva, moitas e importantes accións para o imprescindíbel labor que unha administración pública debe facer para o fomento do uso e prestixio da lingua galega. Así, non é a única función deste SNL a formación lingüística do funcionariado, como sinala o concello na súa argumentación.
Concordamos plenamente coa Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística.
O SNL do concello promove, apoia, colabora en actividades nas que a nosa escola participa.
Fomenta a coordinación entre EDL das escolas do concello, é un pilar imprescindible, irrenuncible para a promoción, posta en valor da nosa lingua e cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario