... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

16 ene 2026

SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS

As aulas de 4 anos tamén se sumaron con entusiasmo ao modo galego, participando nos retos diarios e empregando o galego nas actividades da aula.

Con ilusión e ganas, demostraron que o galego forma parte do seu día a día e que tamén se aprende xogando e compartindo.

SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS

Despois de asinar os compromisos lingüísticos en todas as aulas, demos comezo á primeira semana do modo galego, afrontando os retos diarios.

Ao longo desta semana o alumnado participou activamente nas distintas propostas que nos axudaron a valorar o galego como parte da nosa vida. Mirade que comprometidas están as aulas, mesmo as de 3 anos, participaron con ilusión nos retos semanais e demostraron que o galego é un tesouro que se coida desde ben pequeniños e pequeniñas.

Seguimos avanzando, reto a reto, co galego activado.



AULA 3 ANOS C





12 ene 2026

MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Co comezo do segundo trimestre, volta á escola o MODO GALEGO, ACTÍVAO! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolto pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación da comunidade educativa. 

Como en anos anteriores comezamos asinando un acordo de compromiso lingüístico en todas as aulas. Para seguir este programa podedes entrar na seguinte ligazón, que se actualiza diariamente mentres duran os retos: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 


8 ene 2026

QUE SERÁ SERÁ...?

Hoxe apareceu un cofre no corredor. Non se abre, pero chama a atención.

Este luns, algo vai acontecer. Estamos a piques de activar algo grande.


14 nov 2025

MAGOSTO 2025

Este ano tíñamos todo preparado para o magosto, pero a causa das condicións climatolóxicas, tivemos que aprazar os xogos coas familias, algo que sentimos moito. Aínda así, o alumnado puido degustar as castañas asadas e manter viva a tradición do Magosto. Esperamos poder compartir pronto unha nova xornada de xogos e celebración cando o tempo o permita. Aquí vos deixamos algunhas fotos do día.



29 oct 2025

O TRASNO DO OUTONO

Algo máxico aconteceu esta semana na escola… Co son da campá, chegou o trasno para xogar, traendo cousiñas do outono para observar e degustar.. Encheu os corredores de follas e deixou cestas cargadas de froitas. A súa visita fíxonos moita ilusión e lembrounos que o outono xa está aquí, cheo de cores, sabores e moitas cousas para compartir.

23 sept 2025

CURSO 2025-2026 "GALICIA CONTADA"

Iniciamos un novo curso escolar e, con el, tamén un novo proxecto de dinamización lingüística que busca dar continuidade ao labor de impulso e normalización do galego no noso centro. Este ano a nosa proposta leva por título “Galicia contada” e xirará arredor dos contos populares e da tradición oral. Cada cartel recolle unha ilustración dun conto, o seu título e o nome da titora e unha lenda pola parte detrás.