Balbino non ven só contar historias… tamén trae un novo reto!
Despois de resolver unha pequena adiviña, cada aula terá que crear o seu propio espantallo, poñerlle un nome e darlle un aspecto divertido e orixinal.
Todos os espantallos servirán para decorar a escola e preparar pouco a pouco a chegada do Samaín.
Con esta actividade queremos seguir traballando a lingua galega dun xeito lúdico e próximo, achegando aos máis pequenos á obra de Xosé Neira Vilas, ao vocabulario do mundo rural e á nosa cultura.
E parece que a correspondencia con Balbino está tendo éxito… As mestras xa lle contaron que aos nenos e nenas lles encanta recibir as súas cartas. Por iso, Balbino tamén os anima a escribirlle, facerlle debuxos ou mandarlle ideas, que poderán deixar no seu buzón.
Porque o mundo de Balbino aínda ten moitas historias que contar… 💚📮🌾

No hay comentarios:
Publicar un comentario