... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

16 nov 2026

DO MEDO Á AMIZADE! 🌾

Despois de escoitar a historia e descubrir as pistas que Balbino nos deixou, chegou o reto: crear o noso propio espantallo.

Cada unha das aulas participou elaborando o seu espantallo, empregando diferentes materiais, cores e moita imaxinación. Así, pouco a pouco, aqueles espantallos que tradicionalmente servían para asustar transformáronse en personaxes divertidos, próximos e cheos de vida.

🌾 DO MEDO Á AMIZADE

Quixemos darlles un significado especial e converter o medo en algo diferente: en encontro, en creatividade e en amizade.

Con todos os espantallos creados polas aulas elaboramos un mural colectivo, no que quedou representado o traballo de toda a escola.

Un mural cheo de cor, palla, tecidos, formas e, sobre todo, de ilusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario