... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

24 ene 2025

SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Unha vez asinados os nosos compromisos lingüísticos, puxémonos mans á obra nas aulas e activamos o modo galego! Os retos das aulas axudan a promover e falar a nosa lingua. 

Nós sentimos que a cor da nosa lingua é o azul como o mar ou o ceo, por iso nalgunhas aulas comezaron o programa vestíndose cunha peza de roupa azul. E avanzando na semana descubrimos que a música non ten fronteiras e fai que o galego chegue a todas partes, queremos con isto que coñezades un pouco da nosa cultura musical, a través de diferentes pezas musicais ou instrumentos. 

Mirade nas aulas de 3 anos que comprometidos están co modo galego a través dos retos semanais.





Tamén activaron o modo galego nas aulas de 5 anos, que están desbloqueando súper poderes todos os días. 




21 ene 2025

MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Volta á escola o MODO GALEGO, ACTÍVAO! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolto pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación da comunidade educativa. 

Como en anos anteriores comezamos asinando un acordo de compromiso lingüístico en todas as aulas. Para seguir este programa podedes entrar na seguinte ligazón, que se actualiza diariamente mentres duran os retos: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 



QUEN SALVARÁ O GALEGO?

O venres o noso corredor encheuse cunha superheroína, un superheroe e coa pregunta: Quen salvará o galego? Para resolver esta incógnita imos activar os nosos super poderes nas vindeiras tres semanas! 



15 ene 2025

14 nov 2024

MAGOSTO 2024

O luns 11, día de San Martiño, como ven sendo tradición, celebramos o magosto na escola. Disfrutamos dunha xornada moi festiva con xogos populares e degustación de castañas asadas, acompañados dalgunhas  familias!


10 nov 2024

VISITA DO TRASNO DO OUTONO

Esta semana recibimos a visita do trasno do outono, un  misterioso trasno que nos deixou cestas cargadas de froitas e os corredores da escola ateigados de follas.