Neste derradeiro trimestre do Ano Internacional dos Bosques propoñemos, a toda a comunidade educativa, o envío de fotografías dixitais de árbores, froitos, follas, lugares, "reservas naturais"... que permitan visualizar a grande riqueza do noso entorno.
O alumnado de cinco anos comezou coa saída que tiña pendente de finais de curso e que non se realizou polo mal tempo.
Foi unha experiencia moi interesante que temos pensado repetir.
Comeza o curso e, desde o Equipo de Dinamización Lingüística,dámoslle a benvida a toda a Comunidade educativa especialmente ao novo alumnado e as súas familias.
A visita á Granxa Escola Medioambiental de Bergando supuxo para os nosos nenos e nenas a posibilidade de pasar un día en contacto directo coa natureza, participando do coidado da horta e dos animais da granxa e realizando tamén outras moitas actividades. Como grupo disfrutamos dunha xornada de convivencia que nos gustaría compartir con vos a través das fotografías que aquí vos mostramos.
O alumnado de tres anos os días 9 e 10 de xuño, foron visitar ( en dous grupos) a granxa escola de Bergando.
Podemos velos no invernadoiro, onde chegaron montados no remolque do tractor, coidando e cepillando o cabalo, montando no poni e facendo unha rica pizza na cociña.
Foi unha intensa xornada chea de actividades cociña, horta, equitación, xogos...
Pasáronno moi, pero que moi ben!