Aproveitando que un dos lemas da semana do modo galego, era o deporte, as nenas en nenos de 4 anos fixeron unha entrevista a unha deportista moi especial.
25 may 2024
22 may 2024
SEMANA 2 DO MODO GALEGO
Na aula de 4C están moi activados mirade que video nos manda a mestra Selma.
Na aula da mestra Noelia son todo unhas e uns artistas, mirade que maneira tan fermosa de activar o galego
17 may 2024
LETRAS GALEGAS 2024
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega a Luísa Villalta.
Naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.
Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.
Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos.
Luisa Villalta, a poeta que describía a cidade con tinta de mar. Con esa premisa, desde a nosa escola quixemos homenaxeala cunha exposición no corredor "TINTA DE MAR" cada aula escolleu a silueta dunha especie mariña feita en madeira e adobiámola cunha técnica artística diferente.
Por mor da choiva tivemos que aplazar a nosa Romaría das Letras, pero nos vindeiros días se o tempo o permite propoñeremos unha nova data.
SEMANA 1 MODO GALEGO ACTÍVAO!
Despois de asinar os nosos compromisos lingüísticos comezamos a activar o Modo galego, neste vídeo as nenas e nenos de 4 anos C explícannos como activaron o seu modo galego.
O tempo é coma un xogo que cambia cada día. Podemos observalo e sentir os seus emocionantes cambios. Podemos xogar co vento coma as árbores cando bailan ao seu ritmo, ou facer bonecos e lanzar bólas de neve coas nosas amigas e amigos.
En 5 anos aprenderon moitas palabras relacionadas co tempo.
Sabiades que os alimentos son aquelas cousas ricas e saudables que comemos para estar fortes e crecer sans? En 4 anos D dan boa mostra de que saben moito de cousas ricas e saudables
As emocións son coma os amigos e amigas que viven dentro do noso corazón e que nos axudan a sentir o mundo do noso redor.
Nas aulas de 4 anos activaron tanto o modo galego que nos deixan proba mostra do aquí do que senten.
Tamén en 3 anos comezan a poñerlle nome en galego as todo o que sinten e traballaron coas emocións.
O haiku é un poema de orixe xaponés que se caracteriza por tratar temas vinculados á natureza ou a vida cotiá. Estes poemas están formados por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, pero tampouco é necesario utilizar sempre esta métrica. Unha das súas características é que non ten rima. Tradicionalmente, os poetas e poetisas representaban os seus haikus cunha simple ilustración, coñecida como haiga
Mirade os haikús que crearon na aula de 4 anos B.
13 may 2024
MODO GALEGO ACTÍVAO!
Iniciamos o Modo galego, actívao! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación e a comunidade educativa.
Como primeira actividade asinamos todas e todos un acordo de compromiso lingüístico.
26 feb 2024
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis homenaxeamos a Rosalía.
Este ano como o eido central son as aves. Escollemos o poema da "Alborada". Cada aula elaborou un paxariño e coas voces da cativada elaboramos un vídeo para participar na Gala de Rosalía, promovida polo Concello de Ames que tivo lugar o venres 23 de Febreiro.
26 jun 2023
ROMARÍA DAS LETRAS
O pasado 16 de Maio con motivo das Letras Galegas, na escola celebramos a primeira Romaría das Letras. Cunha chea de actividades e moita diversión ao ritmo da nosa música galega. Deixamos o video resumo para o recordo.














