... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

26 may 2024

CÉ A ORQUESTRA PANTASMA

 Dentro do progama do Modo Galego disfrutamos da actuación en directo de CÉ a orquestra pantasma. CANTO NOS FIXO BAILAR! GRAZAS.


O NOSO LUGAR DE AMES...

 Despois de aprender moito sobre a nosa contorna escollemos os nosos lugares favoritos do Concello de Ames.




25 may 2024

UNHA ENTREVISTA MOI ESPECIAL

 Aproveitando que un dos lemas da semana do modo galego, era o deporte, as nenas en nenos de 4 anos fixeron unha entrevista a unha deportista moi especial.



22 may 2024

SEMANA 2 DO MODO GALEGO

              Na aula de 4C están moi activados mirade que video nos manda a mestra Selma.

 

 

 En 3 anos as pulseiras que nos enviaron, déronnos un extra de motivación


Na aula da mestra Noelia son todo unhas e uns artistas, mirade que maneira tan fermosa de activar o galego




17 may 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega a Luísa Villalta.

Naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.

Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.

Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos.


Luisa Villalta, a poeta que describía a cidade con tinta de mar. Con esa premisa, desde a nosa escola quixemos homenaxeala cunha exposición no corredor "TINTA DE MAR" cada aula escolleu a silueta dunha especie mariña feita en madeira e adobiámola cunha técnica artística diferente.


Por mor da choiva tivemos que aplazar a nosa Romaría das Letras, pero nos vindeiros días se o tempo o permite propoñeremos unha nova data.

SEMANA 1 MODO GALEGO ACTÍVAO!

 Despois de asinar  os nosos compromisos lingüísticos comezamos a activar o Modo galego, neste vídeo as nenas e nenos de 4 anos C explícannos como activaron o seu modo galego.




O tempo é coma un xogo que cambia cada día. Podemos observalo e sentir os seus emocionantes cambios. Podemos xogar co vento coma as árbores cando bailan ao seu ritmo, ou facer bonecos e lanzar bólas de neve coas nosas amigas e amigos.

En 5 anos aprenderon moitas palabras relacionadas co tempo.


Sabiades que os alimentos son aquelas cousas ricas e saudables que comemos para estar fortes e crecer sans?  En 4 anos D dan boa mostra de que saben moito de cousas ricas e saudables

As emocións son coma os amigos e amigas que viven dentro do noso corazón e que nos axudan a sentir o mundo do noso redor.

Nas aulas de 4 anos activaron tanto o modo galego que nos deixan proba mostra do aquí do que senten.


Tamén en  3 anos comezan a poñerlle nome en galego as todo o que sinten e traballaron coas emocións.


O haiku é un poema de orixe xaponés que se caracteriza por tratar temas vinculados á natureza ou a vida cotiá.  Estes poemas están formados por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, pero tampouco é necesario utilizar sempre esta métrica.  Unha das súas características é que non ten rima.  Tradicionalmente, os poetas e poetisas representaban os seus haikus cunha simple ilustración, coñecida como haiga

Mirade os haikús  que crearon na aula de 4 anos B.



13 may 2024

MODO GALEGO ACTÍVAO!

Iniciamos o Modo galego, actívao! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación e a comunidade educativa. 

Como primeira actividade asinamos todas e todos un acordo de compromiso lingüístico.

BLOG DO MODO GALEGO