... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

4 nov 2011

Día da Ciencia en Galego. A Muller na Ciencia


Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicarase á Química.

Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,.. sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...

Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia Así neste día homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.


Máis información: Ciencia en galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario