... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

1 nov 2011

Illas Cíes

Marcos (5 anos) envíanos fotografías do parque natural das Illas Cíes, onde pasou, coa súa familia, tres marabillosos días en agosto deste ano.



As Illas Cies foron declaradas parque natural en 1980, e están incluidas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002


Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as Illas Cíes contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves.


Tamén son un Lugar de Importancia Comunitaria e mais Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario