Juan (5anos) e a súa irmá Sara (3 anos)
queren compartir con nós a súa visita as Fragas do Eume.
As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a principal mostra deste ecosistema de alta biodiversidade, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade da mar e das profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario