... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

5 nov 2011

Parra e maceira

Juan (5anos) e a súa irmá Sara (3anos) móstranos:




Unha fermosa parra, ou vide coas pólas moi crecidas, suxeitas e 
estendidas sobre un soporte horizontal a certa altura do chan.


E unha maceira.


4 nov 2011

Cañóns do Sil


Xoan David nos Cañóns do Sil.



Todo un espectáculo para a vista. 
Contrastes entre grandes pedras, auga e vegetación.

Día da Ciencia en Galego. A Muller na Ciencia


Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicarase á Química.

Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,.. sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...

Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia Así neste día homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.


Máis información: Ciencia en galego

2 nov 2011

Árbores

Adrián (5 anos) quere mostrarnos algunhas árbores.






Fragas do Eume


  Juan (5anos) e a súa irmá Sara (3 anos) 
queren compartir con nós a súa visita as Fragas do Eume.




As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a principal mostra deste ecosistema de alta biodiversidade, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade da mar e das profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural.

1 nov 2011

Illas Cíes

Marcos (5 anos) envíanos fotografías do parque natural das Illas Cíes, onde pasou, coa súa familia, tres marabillosos días en agosto deste ano.



As Illas Cies foron declaradas parque natural en 1980, e están incluidas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002


Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as Illas Cíes contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves.


Tamén son un Lugar de Importancia Comunitaria e mais Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.